0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Entrevistamos á cantante Lucía Pérez para o próximo número da nosa revista

A cantante do Incio veu onte a coñecer o noso centro acompañada da súa nai e a realizar unha entrevista para o próximo número da revista Alumear que facemos no noso centro.

Lucía Pérez veu onte pola tarde ata o noso centro de Lugo para coñecernos e para ver o que facemos nos talleres. Mostrouse encantada co traballo que realizamos e comentou que os agasallos cos que os usuarios lle agradeceron a visita os poría nun lugar ben visible. Realizamos a entrevista na cafetería Egomundi, Ronda das Fontiñas, e alí comentounos novidades sobre o seu disco “Quitapenas” e a xira que vai iniciar en breves por Brasil. Tamén, a petición dun compañeiro, nos cantou un anaco dunha das súas novas cancións. Rematamos a entrevista sacándonos fotos e pedindo autógrafos á cantante que nos agasallou cunha copia adicada do seu disco.

Noticias relacionadas