Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Entroido a todo trapo en Alume

O xoves 27 de febreiro celebramos a festa de Entroido en Alume, na que, ademais de baile, música e petiscos, houbo un concurso de disfraces e outro de sobremesas típicas destas datas.

O pasado xoves 27 de febreiro celebrouse en Alume a festa de Entroido 2014. A primeira hora da tarde comezaron a desfilar «mascaritas», pallasos, exipcios, cosacos, lobos, meigas… polo centro da nosa asociación, en Lugo, e comezou a troula co desfile e o concurso de disfraces que facemos cada ano. Desta vez, ademais da orixinalidade do disfraz, premiábase a interpretación do papel de cada un e cada unha, e a implicación persoal na elaboración ou recreación da personaxe. Os gañadores no concurso individual foron Tano, que ía do “malo” de Scream, e Moly, que ia de Cleopatra. Por parellas, foron premiados Flora e Marcos, que ían de indios americanos; e por grupos, os e as usuarias do CRPL de Guitiriz, que foron de meigas e meigos, con carteis reivindicativos nos que se queixaban da supresión do servizo do 065, e dicían que habían ter que ir ao centro voando nas súas vasoiras. Despois pasamos directamente aos petiscos, e ao concurso de sobremesas de Entroido, no cal gañaron Alberto, José e Argimiro, coa súa fantástica receita de filloas, feitas na casa. Logo dos petiscos, chegou o baile, e logo cantamos un pouquiño para despedirnos até a próxima festa de Alume. O Entroido terminou, pero o mércores de cinza tamén ten a súa cantiga, coa que nos despedimos até o ano que vén! {“Adeus martes de entroido, adeus, meu amiguiño, ata domingo de pascua non comerei máis touciño”.}

Leave a Reply