0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

0,00 EUR

Non hai produtos no carriño.

Esta fin de semana imos a ExpoBoda

Este sábado e domingo, 25 e 26 de xaneiro respectivamente, teremos un stand propio na feira ExpoBoda 2014, onde amosaremos unha selección dos produtos que as persoas usuarias de Alume fan nos talleres ocupacionais dos nosos centros.

O sábado 25 e o domingo 26 estaremos na feira [ExpoBoda 2014], que se desenvolverá, en horario de mañá e tarde, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O sábado o horario será de 11h00 a 21h00, e o domingo estaremos de 11h00 a 20h00. Os e as visitantes poderán ver no noso stand desde carteiras a chaveiros de coiro, produtos de cerámica (pratos, vasos para candeas, murallas de Lugo, flores…) ou xoias e broches feitos con arame e outros materiais… Trátase dunha mostra dos produtos que as persoas usuarias de Alume fan nos talleres, e son fermosos agasallos de voda, ademais de seren un presente solidario, xa que as persoas que mercan os nosos produtos, colaboran directamente nun dos nosos obxectivos: [a integración social e laboral das persoas con enfermidade mental de Lugo e a súa comarca]. Se ides casar dentro de pouco, tedes un familiar que vai facer a primeira comuñón, ou ides bautizar un neno, vide visitarnos en Expoboda 2014. {Na imaxe, unha selección de artigos para vodas e comuñóns, e unha mostra da súa presentación, nas cestas de vimbio, elaboradas tamén nos talleres de Alume}

Noticias relacionadas