Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Gabino Diego dá a cara contra o estigma asociado á enfermidade mental

O martes pasado contabámosvos que tíñamos en mente lanzar unha campaña propia contra o estigma asociado ás doenzas da mente, e que habíamos agardar á primavera. Pois hoxe xusto, que entra a esperadísima primavera, nós seguimos, como sempre fixemos, loitando por unha saúde mental inclusiva. Benvidos e benvidas a ‘Lugo contra el estigma’.

O primeiro convidado de luxo a amosarnos por que razóns está contra o estigma é o actor Gabino Diego, quen se prestou amablemente a colaborar con Alume, aproveitando que estaba en Lugo, cunha función. [Lugo e comarca contra o estigma] O propósito do noso blog é conseguir que a xente de Lugo e comarca, e toda a xente que o desexe, de onde sexa, nos conte por que razóns está contra o estigma das enfermidades mentais. Xuntando moitas razóns, moitas ideas e moitas caras, poderemos visibilizar, na nosa área, unha problemática que nos afecta a todas e a todos, porque se trata do primeiro obstáculo no camiño cara a recuperación das persoas que presentan un trastorno mental grave. Para participar na campaña, só é preciso descargar un dos carteis #contraelestigma, escribir as razóns propias, tirar unha fotografía e enviárnola a {lugocontraelestigma@gmail.com}. [Aquí] podedes ver mellor os pasos a seguir, e [aquí] podedes descargar os carteis, en PDF e no idioma que desexedes (en galego e castelán). [Grazas Gabino Diego!] Desde aquí queremos darlle as grazas a Gabino Diego e ao seu representante, por implicarse en todo momento na nosa campaña e por dar a cara contra o estigma. El é a primeira persoa que se presta a saír no noso blog, e faino acompañado dun dos usuarios de Alume, Tano. Agradecemos calquera implicación, así que se vos apatece loitar ao noso carón, visitade o noso Tumblr. Prometemos dar caña, porque non nos gusta que nos etiqueten, e loitamos por non etiquetarnos nós mesm@s! Apuntádesvos?