Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Gran semana coa Fundación Breogán

A Fundación Breogán adicoulle a súa cuarta «Experiencia Breogán» á saúde mental, personificada en Alume; unha adicación na que colaborou a empresa benefactora Ditram Automoción. Vaia o noso agrademento a esta empresa lucense e á Fundación Breogán por chamar a atención sobre os problemas da saúde mental o por tratarnos con tanto agarimo en tres días inesquecibles.

O día 12 de maio fomos dende Alume a disfrutar dunha visita guiada polo Pazo Universitario, o escenario dos partidos do Breogán. Alí nos recibiron Rubén Gil e Xosé Ramón López, directivos de Grupo Ditram e Ditramotor, e Salva Arco, director da Fundación Breogán. Amosáronos tódolos recunchos das instalacións e asistimos en primeira ringleira a un dos últimos entrenamentos desta tempada. Antes de marchar, entregáronnos unha camiseta e unha bundada da Fundación.

O venres recibimos a visita na sede de Alume de Salva Arco, Miguel Gil e dous xogadores da actual plantilla do Breogán, Marko Lukovic e Agustín Ubal. Achegáronse a coñecer o traballo que facemos en Alume e compartiron o seu tempo atendendo ás preguntas dos usuarios e traballadores de Alume sobre o seu traballo e a súa vida en Lugo.

Finalmente, o sábado 14 un grupo de membros de Alume asistimos ó derradeiro partido do Club Baloncesto Breogán SAD dendo o palco VIP, a pé de pista. No descanso do encontro, o directivo de Alume Juan Carreira recolleu a distinción que a Fundación Breogán lle entregou a Alume en recoñecemento da súa labor. Puidemos ver en acción a un equipo que será lembrado para sempre pola gran tempada deste ano, e por un desempeño que foi moito máis aló do ámbito deportivo, como nos demostraron nesta semana chea de emocións.