Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Inauguración do Centro de Guitiriz

ALUME abríu un novo local en Guitiriz para o Centro de Día

O Centro de Día de ALUME en Guitiriz, que viña funcionando nun piso da localidade, estreou local en xaneiro de 2009. Ubicado na rúa Amizade de Guitiriz, fronte o Centro da Terceira Idade, o novo local conta có espacio e dotacións necesarias para leva adiante os obradoiros e actividades nas que participan os enfermos mentais da comarca de Terra Cha atendidos por ALUME. O Centro está incluido na rede da Consellería de Sanidade e o novo local contou coa axuda do IGVS, que cedeu o inmoble, e de AGADER, que concedeu unha importante axuda económica para as obras de acondicionamento. O novo Centro de Día tamén recibíu un importante pulo nas xestións efectuadas polo Concello de Guitiriz e a Delegación de Vicepresidencia. Asistiron ó acto de inauguración a Conselleira de Sanidade, María José Rubio, a delegada de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, o delegado de Medio Rural, Emlio López, o delegado do IGVS, Cosme Pombo, a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e outros representantes da administración local e autonómica, ademáis da presidenta de ALUME, Cristina Barreiro.

Leave a Reply