Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Inauguración do outono cultural

Os usuarios de Alume visitaron dúas exposicións: {Adaptándose. Empoderando ás persoas con discpacidade} no Museo Provincial, e {Arte e solidariedade}, inugurada na sala de Afundación.

Os usuarios de Alume estrearon o outono lucense empapándose de arte. Ocorreu durante unha xornada dedicada á visita de dúas exposicións que nestas datas salientan no calendario cultural da cidade: Adaptándose. Empoderando ás persoas con discpacidade a través da arte, unha mostra organizada por Cogami que pode visitarse no Museo Provincial, «Arte e solidariedade», inugurada recentemente na sé da Fundación Galicia Obra Social (Afundación), con motivo das vodas de prata que celebra este ano Proxecto Home en Galicia. Tamén no museo voltaron a súa infancia coa mostra A arte de xuntar II, onde se amosa a colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos. Neste percorrido tiveron como guías a dúas persoas de Feafes Galicia. Admais dos xoguetes que xa son historia: a boneca Mariquiat Pérez, locomotoras antigas de carbón, maqueta das antigas escolas cos seu pupitres de madeira, tiovivos, automóviles clásiscos, etc. Os visitante gozaron coa proxección dun vídeo que recollía desde os xoguetes da súa infancia , ata cómisc de Mortadelo, cortos de Marisol, Miliki e o seu circo televisvo, retransmisións de cabalgatas de reis, etc. Iniciados en diferentes técnicas de artes plásticas nos seus obradoiros, moitos usuarios de Alume identificáronse cos traballos expostos na sala multiusos do museo, ao contemplar a amplia selección de obras realizadas dentro do proxecto Artability, unha inicitiva que durante dous anos veuse desenvolvendo en Cogami, co obxectivo de aumentar a participación social das persoas con discapacidade, mellorar o sistema educativo de adultos e facer unha análise comparativa europea sobre o impacto da arte na vida destas persoas. Douscentos artistas Non menos interesante resultou a visita á mostra itinerante Arte e solidariedade, unha iniciativa coa que Proxecto Home celebra o seu 25 aniversario en Galicia. A exposición acolle obras firmadas por máis de 200 artistas, que cederon os seus traballos para recadar fondos destinados ao sostemento dos programas que ten en marcha esta asociación. Roberto González, Paco Pestana ou Caxigueiro son algúns dos artistas lucenses que participan na mostra, na que se presentan 73 obras, tamén de coñecidos artistas, como Alfonso Costa Beiro, Antón Patiño, Leiro ou Buciños, entre outros. A iniciativa celebra a súa sétima edición e recalará a finais de ano nas capitales ourensá e pontevedresa, respectivamente.

Leave a Reply