Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Inaugurado o novo Centro de Día de ALUME

ALUME celebrou o 3 de outubro a inauguración do seu novo Centro de Día para Rehabilitación psico-social e laboral de enfermos mentais.

O novo Centro de Día está na rúa Nicomedes Pastor Díaz e tamén é xa o novo domicilio da Asociación. O acto contou coa participación da delegada provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Branca Rodríguez Pazos, e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, así como coa asistencia de representantes das administracións públicas relacionadas cós servicios sociais, e de outras asociacións lucenses. A presidenta da Asociación, Cristina Barreiro, agradeceu a tódolos asistentes o seu interese por ALUME e recordou que a Asociación non é só unha prestadora de servicios no ámbito da saúde mental, senón tamén unha agrupación de afectados e familiares có obxectivo de reclamar da Administración e da sociedade en xeral a atención e respecto que os enfermos merecen.

Leave a Reply