Entidade declarada de utilidade pública

Novas

O calvario de Carlos

De espantoso pode cualificarse o caso de Carlos, un enfermo mental ao que os seus irmáns mantiveron pechado no pombal dunha vivenda situada no centro da localidade Sevillana de Dos Hermanas, para aproveitarse da súa pensión de invalidez, de 1.000 euros. Concedéronlla por mor dun acidente de tráfico que lle causou serias secuelas. Atopárono espido, sobre un colchón cotroso, ao raso (o cubículo de catro metros onde sobrevivía carecía de cuberta). Estaba, sucio, ferido, desnutrido,  rodeado de cubos con feces e botellas onde facía as súas necesiades, porque non tiña acceso ao baño da casa nin á auga corrente. O seu calvario concluíu por casualidade. Descubriuno a Policía Local ao acompañar a casa o seu irmán, un Caín septuaxenario, bébedo e alboratador. O horror agochado delatárono as cadeas que clausuraban unha porta, despois a tranca doutra … Atoparono ao final dunha escaleira desfeita, mirando ao ceo… Agora recupérase nun hospital… Os seus irmáns, postos en liberdade con cargos, non apareceron polo pobo… Maldade, avaricia… Non importa. O que si importa é Carlos, que padeceu unha auténtica paixón durante dez, quince vinte anos… Ninguén o lembra xa. E o que é máis angustioso: Cantos Carlos seguirán sendo vítimas indefensas e anónimas da maldade, a avaricia, a falta de escrúpulos, da deshumanización daqueles que debían amalos e protexelos?…

Tamén cabe preguntarse pola eficacia dos servizos sanitarios. ¿No tiña médico de cabeceira? … En vinte anos non lle chamou a atención a niguén a ausencia de Carlos….. Quén lle pagaba a pensión?…Tanto como miran o destino dos cartos públicos. ¿Non tivo que pasar ninguna revisión de incapacidade?… Ninguén escoitou un berro de auxilio… Canta soidade, canto abandono e deseperanza hai que sentir para resignarse a perder a condición de ser humano, a sobrevir mirando ao ceo, sobre o leito, espido, na más paupérrima das miserias.