Entidade declarada de utilidade pública

Novas

O Ensino con Alume

 

IMG_0010

Dende agora, o Ensino Durán Maquinaria ocupará un lugar moi especial no historial sentimental de Alume. E non é para menos. Para nós foi un auténtico privilexio que o equipo feminino de baloncesto de Lugo inaugurara a súa campaña 13 partidos 13 causas solidarias dedicándonos o seu primeiro partido de LF2 da tempada 2015-2016. Por certo, a data foi do máis propicia, xa que durante este mes celebráse o Día Mundial da Enfermidade Metal.

O partido estivo xenial, segundo aseguraron os afeccionados de Alume que asistiron, encantados por certo, para animar as xogadoras do equipo local, que votaron o resto ¡e gañaron!. No tempo de descanso, as xogadoras fixeron entrega dunha camiseta firmada por todo o equipo a Manuel Fernández Prado, presidente da nosa asociación, quen agradeceu o agasallo.

Sobra dicir que tódolos usuarios sentíronse moi fachendosos coa deferencia deste clube, coñecido non só polo seu bo facer deportivo, senon tamén pola sensibilidade e a conciencia social de cantos o integran.

Como non podia ser doutro xeito, a camiseta ocupa desde aquela mesma data un lugar de honra na nosa sé lucense. ¡¡¡Aúpa Ensino!!!