Entidade declarada de utilidade pública

Novas

O vicepresidente da Xunta visita a sede de Alume en Lugo

Alfonso Rueda veu acompañado da secretaría xeral de Igualdade, Susana López Abella; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a concelleira e membro do grupo municipal do Partido Popular, Mari Teijeiro; e o voceiro deste partido no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira. No centro, foron recibidos polo presidente de Alume, Manuel Fernández Prado; a vicepresidenta, Isabel Menéndez Menéndez; a nosa directora, Ana Luisa Regueira Fuenteseca; as traballadoras e as persoas usuarias, que se encontraban na mañá do luns en diversas actividades.

Este luns 17 de marzo, recibimos a visita do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen viña acompañado da secretaría xeral de Igualdade, Susana López Abella. Na comitiva tamén se atopaban a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a concelleira e membro do grupo municipal do Partido Popular, Mari Teijeiro; e o voceiro deste partido no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira. Na sede de Alume estaban para os recibir o noso presidente, Manuel Fernández Prado, e a vicepresidenta, Isabel Menéndez Menéndez, así como a directora, Ana Regueira, quen os acompañou durante toda a visita, na que se interesaron polas actividades que realizamos en Alume, especialmente pola vivenda tutelada de mulleres con trastorno mental severo que viviron algún episodio de violencia de xénero, un recurso financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Antes de marchar, ademais, o vicepresidente, a secretaria xeral de Igualdade, a delegada do goberno galego en Lugo e os concelleiros do Partido Popular da cidade colaboraron con nós no lanzamento dunha nova campaña contra o estigma que preparamos na nosa asociación, e que estará lista esta primavera. {Na imaxe, pódese apreciar un dos momentos da visita, coas personalidades participantes.} A noticia na web da Secretaría Xeral de Igualdade: {A Xunta destaca a importancia do traballo da asociación ALUME en prol das mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero}

Leave a Reply