Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Os compañeiros de Morea de O Barco visitan Lugo

O pasado venres día 25 de novembro varios compañeiros e compañeiras da Asociación Morea do Barco de Valdeorras viñeron ata Lugo para coñecer a cidade.

O pasado venres día 25 de novembro varios compañeiros e compañeiras da Asociación Morea do Barco de Valdeorras viñeron ata Lugo para coñecer a cidade. A súa primeira parada foi no Pabellón Municipal dos Deportes para ver un adestramento do Azkar e dende alí unímonos para acompañalos e facer de guías nunha pequeña visita á cidade. Tras un pequeno paseo polo centro histórico fomos ata o museo onde nos ofreceron unha visita guiada que se centrou sobre todo no aspecto romano da cidade e nos resultou moi interesante.

Leave a Reply