Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Os décimos do sorteo de Nadal quedan depositados en Ibercaja

Queremos informar a todas aquelas persoas que mercaron este ano participación da Lotaria de Nadal, do número 93.657, que mudamos o banco no que están depositadas as papeletas.

Nun principio, as papeletas do número [93.657], ao que xoga Alume este ano, ía ser o Banco Pastor, tal e como é indicado nas mesmas, mais posteriormente, tivemos que mudar para Ibercaja. Por isto, quixemos informar ás persoas que colaboraron connosco este ano, adquirindo unha ou varias participacións das que vendemos (de 1, 3 ou 5 euros), que as papeletas están agora depositadas na [Oficina 1 de Ibercaja] en Lugo, a cal está situada na [Rúa Bolaño Rivadeneira, 9]. Reitemos o noso agradecemento por colaborar connosco e apoiarnos nas actividades que realizamos durante todo o ano en Alume. [E aproveitamos para desexarvos moitísima sorte e unhas moi boas festas!]

Leave a Reply