Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Participamos no videoclip “I’m from Lugo”

O pasado día 28 un cámara da Fundación Tic veu ata o noso centro en Lugo para gravar unha escena que formará parte do videoclip “I’m from Lugo”.

Esta canción será a banda sonora dun video promocional sobre a nosa cidade no que se promove a unidade dos cidadáns e que se fale fora de Lugo das nosas virtudes e non só das “nosas miserias”. Dende aquí queremos agradecer ao grupo Batital, promotor da iniciativa e creador do tema, que contaran con nós para participar no proxecto.

Leave a Reply