Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Postais de Nadal, tamén por encargo

O pequeno obradoiro de edición de postais de Nadal púxose en marcha tamén este ano. Un traballo artesanal que servíu para o desenvolvemento de habilidades manipulativas con papel, cartón e debuxo, sobre unha importante base de creatividade.
Este ano o traballo foi maior ca noutras ocasións, porque ademais da postal de Alume traballamos sobre outro deseño adicional, logo de que a empresa Castro Serantes, adicada á produción de ovos de corral, encargase a Alume a confección das súas postais.

Fixemos unha galiña agarimosa e feliz de criarse libre, como corresponde á realidade desta granxa. Este tipo de colaboracións resultan moi estimulantes para tódalas persoas que participan no proxecto.