Que podes facer ti?
Precisamos da túa axuda
Hai moitas formas de apoiar a Alume. Podes facerte socio, colaborar económicamente ou como voluntario ou cibervoluntario.
Alume é unha entidade declarada de utilidade pública, o que permite un tratamento fiscal favorable para as doazóns, e se queres máis información sobre o noso traballo e funcionamento ou sobre as contas da asociación, podes consultar as memorias dos últimos anos ou poñerte en contacto directamente con nós.