Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Quérote+ imparte en Alume formación en materia afectivo-sexual

Onte comezou a primeira de catro sesións do taller de formación afectivo-sexual impartida por un profesional de Quérote+.

Esta formación está dirixida aos usuarios do centro de Lugo e con ela búscase mellorar a calidade de vida afectivo-sexual dos mesmos, xa que “hai tantas sexualidades como persoas e esta diversidade é unha das riquezas do ser humano”. A valoración dos participantes sobre a actividade foi moi positiva. Esta formación compleméntase cunha xornada formativa dirixida aos profesionais da entidade que tivo lugar o 10 de abril e unha charla dirixida aos familiares das persoas con enfermidade mental que acuden a Alume prevista para o 30 deste mes.

Leave a Reply