Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Recibimos a visita da Secretaria Xeral de Igualdade

Susana López Abella visitou o 11 de marzo as instalacións de Alume para coñecer de primeira man o noso traballo co colectivo de persoas con enfermidade mental.

Nesta visita, na que a acompañaron, entre outros, Mari Teijeiro, concelleira, e Jaime Castiñeira, voceiro do grupo municipal do PP en Lugo, a Secretaria Xeral de Igualdade interesouse polas actividades que levamos a cabo dende a entidade, tanto como centro de rehabilitación psicosocial e laboral como nas vivendas tuteladas. Aparte diso o noso presidente, Manuel Fernández, e a directora, Ana Regueira, trasladaron á Secretaria Xeral as inquedanzas e proxectos da nosa asociación.

Leave a Reply