Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Un convenio coa Deputación permitirá a persoas con discapacidade realizar prácticas laborais remuneradas

Unha das nosas usuarias terá a oportunidade de realizar un traballo remunerado no Museo Provincial de Lugo.

ALUME asinou o pasado 7 de xuño un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo denominado “Prácticas laborais remuneradas destinadas a persoas con capacidades diferentes”. Mediante esta sinatura unha das nosas usuarias terá a oportunidade de realizar un traballo remunerado como ordenanza no Museo Provincial de Lugo durante tres meses. Con esta iniciativa téntase garantir a integración social do colectivo de persoas con enfermidade mental.

Leave a Reply