Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Usuarias de Alume participan nunha exposición do Museo de Lugo

Con motivo do Día Internacional da Muller dende o museo c reouse a iniciativa “Historia de mulleres na rede” cuxo eixo principal é salientar a figura feminina a través da creación de historias inspiradas nas obras e obxectos de cada un dos catro Museos da Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar en San Cibrao, Pazo de Tor en Monforte de Lemos e Museo-Fortaleza San Paio de Narla en Friol).

A nosa voluntaria Pilar Sánchez, traballadora do museo, foi a encargada de recoller as historias das usaurias deste asociación que xunto a outros relatos, poemas, cancións, fotografías e vídeos que falan da muller en todas as facetas posibles formaran parte da exposición.

Leave a Reply