Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Usuarios de Alume participan como voluntarios na realización de lazos para o Día Mundial contra o Cancro

Catro dos usuarios da nosa asociación acudiron á petición da AECC de Lugo para realizar os lazos que o Día Mundial contra o Cancro lucirán as casas consistoriais da provincia. Esta actividade foi promovida pola AECC que coa axuda dos voluntarios crearán lazos de máis de dous metros cos que buscan sensibilizar aos cidadáns, e en especial ás mulleres, da necesidade de previr esta doenza someténdose aos programas de detección precoz.

Leave a Reply