Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Visita de Martín Barreiro a nosa sé en Lugo

O pasado luns, 30 de abril, visitounos Martín Barreiro, “o home do tempo de TVE”. Accedeu amablemente á petición do equipo da nosa revista, Alumear, para entrevistalo para o noso número anual.

Resultou unha charla amena na que nos contou aspectos da súa vida profesional e, tamén, da súa vida persoal. Deixounos encantados porque, ademáis de saber moito do tempo meteorolóxico e da súa predicción, é un gran comunicador.