Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Villamide foi o guía de Alume na visita á súa mostra

 

Usuarios de Alume visitarona exposición A paisaxe contra a parede do artista lucense Christian Villamide, que se mostra estes días no Museo Provincial de Lugo, despois de ser ter pasado con éxito pola galería Bus Sation de Compostela. A primera sorpresa foi o recibimento do propio Villamide aos visitantes, para acompañalos no que foi unha xira polas súas montaxes  realizadas en madeira e ferramentas, representando a obrigada convivencia da natualeza coa cultura e o desenvolvemento industrial. As montaxes consistían en libros tallados en madeira e cinguidos por amarras industriais ás árbores. Así explicou o artista o impacto do home e do desenvolvemento industrial na contorna que habita. O claustro e o xardín do antigo covento de San Francisco acollen as orixinais montaxes.

 Un bosque de árbores esculpidos con fermosas formas na súa base, insiste, na antesala do espazo expositivo, nesa visión crítica dun mundo que amola a unha naturaleza cercada polo home. O mesmo que ocorre co magnífico videmontaxe, xa no interior,  que precede a visita das dúas salas que ocupa a mostra. Nelas, pintura sobre mármore branco e paisaxes no mesmo mineral, en tonos negros e grises, configuan exquisitas paisaxes nas que Villamide amosa o que está más alá da mera apariencia e que adoita pasar desapercibido.
Os visitantes quedaron encantados coas explicacións do artista, que respondeu polo miudo ás súas preguntas. Xunto coa directora do Museo, Aurelia Balseiro, o autor da mostra agrdeceu a visita de Alume, ademais de manifestar a súa disposición para facer de guía de calquera outra, a demanda da nosa entidade.
Ous usuarios de Alume aínda tiveron tempo de visitar a divertida exposición fotográfica Non lle busques os tres pes ao gato, de Román Montesinos,
antes de abandonar as dependencias museísticas, o que foi un estupendio colofón dunha fermosa mañá de primaveira ateigada de arte e cultura.