Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Visitamos Viveiro na nosa excusión anual

O xoves, 14 de xullo, tivemos a nosa excursión anual. Desta volta anotámonos a visita a Viveiro 50 persoas, entre usuarias e usuarios do centro e traballadores.

Esta excursión é moi esperada e supón un premio polo traballo que se realiza ao longo do ano nos diferentes talleres da asociación.

Gracias a esta viaxe coñecemos o monumento natural do Souto da Retorta, situado a carón do río Landro, e onde se atopa o eucaliptal de Chavín, co famoso “Avó de Chavín”, un eucalipto dos de maior envergadura de Europa e ata hai pouco a árbore máis alta do Estado.  Os eucaliptos centenarios desta zona prantáronse a partir de 1860 para drenar os terreos baixos como protección contra as inundacións.

Tras sacarnos a foto de rigor co “Avó”, partimos cara a cidade de Viveiro, onde visitamos as instalacións de cerámica de Regal. Alí puidemos ver tanto o museo,a tenda, os xardíns eo que queda da antiga zona de curtidos de coiro, como o obradoiro onde traballan para facer esta cerámica e coñecemos a Otero Regal que nos explicou, xunto con unha das traballadoras, o proceso co que elaboran as súas obras.

Logo de esta visita subimos ata o monte de San Roque, dende onde puidemos disfrutar, grazas ao bo tempo, da marabillosa panorámica que éste ofrece.

Por último, despois de comer achegámonos ata a Praia de Area, onde puidemos pasear, tomar o sol, bañarnos e desfrutar dun xeado.