Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Votamos, unha curta contra o estigma candidata ó Goya

«Votamos» trata sen filtro ningún o estigma sobre os problemas mentais. En pouco máis de dez minutos esta curta pon enriba da mesa unha cuestión que tódolos que estamos involucrados na saúde mental tivemos que enfrontar nalgunha ocasión. É candidata ó premio Goya á mellor curtametraxe de ficción e pódese ver de balde no sitio web de El País ata o 31 de xaneiro.