Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Xa temos paso de peóns en Guitiriz

O Concello de Guitiriz veu de establecer un paso de peóns entre o Centro de Rehabilitación de Alume e o Centro da Terceira Idade. Trátase dunha actuación municipal que dota ó Centro de Alume de máis seguridade, pois aínda que o tráfico non é moi denso, a circulación de vehículos a carón dos dous centros dificultaba a entrada e saída dos usuarios e persoal de Alume en Guitiriz. Con esta actuación municipal, que Alume agradece, gañan tódolos viandantes, os usuarios de Alume, os do Centro da Terceira Idade, e a colaboración entre ámbalas dúas entidades, que xa é moi fluida.

Leave a Reply