Entidade declarada de utilidade pública

Novas

Xornadas Saúde mental, saúde laboral

ALUME celebra o próximo 28 de novembro as II Xornadas de Saúde Mental que, baixo o título «Saúde mental, saúde laboral», estarán adicadas á rehabilitación laboral dos enfermos mentais crónicos e que están abertas á inscrición de profesionais da saúde mental, dos servizos sociais, das relacións laborais e aos familiares deste tipo de enfermos. Logo da celebración, en 2006, das I Xornadas «Saúde mental, saúde legal», Alume quere profundizar en 2008 no eido da recuperación das persoas con esquizofrenia e outras enfermidades mentais para a vida laboral e para eso contaremos o día 28 con expertos nesta cuestión que exporán as súas opinións e experiencias. As Xornadas contan coa declaración de Interese Sanitario da Consellería de Sanidade. Descargar programa e folla de inscrición

Realizar inscrición en liña

Leave a Reply